miércoles, 11 de marzo de 2015

O Alzheimer

A semana pasada tivemos a visita das traballadoras e traballadores da Casa Rosada para impartirnos un taller sobre o Alzheimer.


Ensináronnos moitas cousas sobre esta enfermidade e a través de dous contos aprendimos como debemos coidar e tratar aos nosos familiares ou coñecidos que a padezan.

O primeiro conto que nos contaron foi " La abuela necesita besitos". E tivemos a sorte de contar con nós a un gran ilustrador que ía debuxando nun papel cousas das que ían falando no conto.


Ao final regalounos os debuxos para que formasen parte da nosa aula, ainda que decidimos compartilos con resto de compañeiros e compañeiras do cole para que tamén poidan aprender algo sobre o Alzheimer.




 


O outro conto que nos contaron e que neste caso nos representaron con unha pequena obra de teatro foi "Los despistes del abuelo Pedro"









Foi moi divertido a pesar de que tratase sobre unha triste enfermidade, fixérono moi ben e axudounos a comprender moito mellor as consecuencias desta enfermidade e a saber como debemos actuar coa xente que a padece.


 

jueves, 5 de marzo de 2015

De Picasso a Barceló

O mesmo día que o musical tamén fomos visitar a exposición sobre os grabados que ten a mesma fundación no "Café Moderno".

 Tivemos un taller de serigrafiado onde aprendimos a facer estampados para as nosas camisetas.








Na procura do Tesouro

O pasado 25 de Febreiro fixemos unha saída á fundación ABANCA para ver o musical "Na procura do Tesouro" interpretado polo grupo tradicional Os Gaiteiros da Xistra de Coruxo.



 Foi moi entretenido e pasámolo moi ben.


UNHA HISTORIA FANTÁSTICA!!!!